Os 17 acusados na operación Pito serán condenados a menos de dous anos de prisión

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o mércores a vista de conformidade contra esta trama que explotaba laboralmente a inmigrantes magrebís en granxas de aves
Trabajadores extranjeros explotados por la red de Chahidi, en el piso patera en el que vivían en Armando Durán. ARCHIVO
photo_camera Trabajadores extranjeros explotados por la red de Chahidi, en el piso patera en el que vivían en Armando Durán. AEP

A Fiscalía, as acusacións particulares e as defensas chegaron a un acordo para que os 17 acusados na chamada operación Pollo sexan condenados penas de prisión inferiores aos dous anos e que indemnicen ás vítimas con contías que oscilan entre os 1.000 e os 3.100 euros.

O xefe da rede, o marroquí Mohamed Chahidi, atópase en paradoiro descoñecido porque fuxiu cando gozaba dun permiso penal. Este acordo non lle afecta se é detido, pois será xulgado individualmente.

Este caso de explotación laboral destapábase fai xa 14 anos. Unha trama organizada dedicábase a traer cidadáns de Marrocos, aos que cobraba entre 8.000 e 12.000 euros a cada un, para empregalos en granxas de cría intensiva de aves na provincia de Lugo en condicións inhumanas, pois as vítimas chegaron a pasar varios días sen comer tras encadear xornadas laborais maratonianas.

A Fiscalía destaca que este acordo á baixa permitirá que todos os acusados "serán condenados en termos razoables, tendo en conta o tempo transcorrido desde que ocorreron os feitos, a gravidade dos seus respectivos comportamentos e o feito de que consignaron cantidades económicas relevantes para reparar o dano causado".

Na causa hai acudidas 30 partes e estaba previsto que acudisen a declarar ao xuízo máis dun centenar de testemuñas

O ministerio público apunta tamén que este acordo, ao que chegou tras "varios meses de negociacións", permitirá evitar a celebración dun xuízo que "podería durar semanas", pois hai 30 partes acudidas e estaba prevista a declaración de máis dun centenar de testemuñas.

Esta vista de conformidade celebrarase o vindeiro mércores, ás dez da mañá, na Audiencia Provincial de Lugo.

Comentarios