En 15 días xa se celebraron tantos funerais en San Froilán como en todo abril de 2019

En principio non se podería atribuír a subida ao coronavirus, xa que só cinco das persoas enterradas foron diagnosticadas con esta enfermidade
Cementerio municipal de Lugo. AEP
photo_camera Cemiterio municipal de Lugo. AEP

Nos primeiros quince días deste mes celebráronse 26 enterros no cemiterio municipal de San Froilán, case tantos como en todo abril do ano pasado, que foron 27.

Ese aumento en principio non se podería atribuír á mortalidade ocasionada polo novo coronavirus, porque ata o pasado mércores só foron enterradas no camposanto de Lugo desde que se declarou o estado de alarma cinco persoas ás que se diagnosticou esta enfermidade.

Os sepultureiros son avisados con antelación destes casos para que poidan adoptar todas as medidas preventivas establecidas. Nos dous meses anteriores tamén se rexistrou un aumento con respecto ao mesmo período de 2019, aínda que non tan acentuado, entre o 11,1% e o 29,4%. En febreiro oficiáronse 44, dez máis que o ano pasado, e en marzo 50, cinco máis.