E para encher... laranxas!

Creáronse para vender combustible. Pouco máis tarde, tamén foron minibares cuns poucos andeis onde se vendían chicles e chocolatinas. Logo, ofreceron prensa e agora son xa supermercados. Estamos a falar das gasolineiras.

á gasolineira, non só se vai a encher combustible. Tamén, de paso, pódese facer a compra. Quizais non toda, pero si unha pouca. Moitas das gasolineiras de Lugo ofrecen non só gasoil ou gasolina, senón tamén froita, conservas, aceite, queixos, leite, viño, xamóns ou fiambres. Iso permite a moita xente facer a compra de paso que enche, aforrando así tempo para facer os recados.

Esta tendencia naceu fai xa dúas ou tres anos e, agora mesmo, son moitos os condutores que acoden a determinadas gasolineiras non só por botar combustible, senón tamén atraídos pola gran calidade dos produtos alimenticios, todos eles con denominación de orixe e máis frescos incluso que os que pode haber nalgúns supermercados.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios