Utiliza unha botella nunha pelexa e afronta dous anos de prisión

Un home de nacionalidade colombiana -F.J.A.F., de trinta anos de idade- enfróntase a unha condena de dous anos de cárcere por estamparlle unha botella de cristal na cabeza a un mozo.

A Fiscalía de Lugo explica no seu escrito de acusación que o imputado discutiu con outro mozo sobre as dez da mañá do 27 de febreiro de 2010.

Os dous homes encerelláronse nunha pelexa en plena vía pública, na Rúa Ourense, e agredíronse mutuamente. Ademais, nun momento do enfrontamento, F.J.A.F. colleu unha botella de cristal e golpeou ao seu adversario na cabeza.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios