Urbaser confía en manter a concesión tras a limpeza exprés

Operarios de Urbaser recogen basura en la Rúa Cidade de Viveiro, ayer. (J.VÁZQUEZ)
photo_camera Operarios de Urbaser recogen basura en la Rúa Cidade de Viveiro, ayer. (J.VÁZQUEZ)

A empresa Urbaser confía en que o Concello non decida hoxe executar a ameaza lanzada o venres polo alcalde José López Orozco de que se interviría de forma temporal a concesión do servizo de limpeza no caso de que en 48 horas non quede saneada a cidade, o que na práctica supuña recoller o lixo de todos os puntos declarados en alerta sanitaria pola Consellería de Sanidade, ademais de varrer e baldear as rúas, que sofren os efectos de 35 días de folga.

Para evitar a intervención, a firma do grupo ACS decidiu reforzar o persoal con traballadores chegados doutras cidades para executar desde o sábado ás nove da mañá -hora en que se iniciaba o ultimato do Concello- unha limpeza exprés da cidade que estaba previsto rematar esta mañá.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios