Uns setenta alumnos de Eso e Bac coñecen o campus e fan prácticas nel

Participantes no campus científico-técnico, nunha práctica once. (Foto: EP)
photo_camera Participantes no campus científico-técnico, nunha práctica once. (Foto: EP)

Son alumnos do último curso de educación secundaria e do primeiro de bacharelato, teñen unha vocación científica ou técnica, queren estudar unha carreira universitaria e a maioría son da provincia de Lugo, pero moitos deles descoñecen que estudos se poden cursar no campus lugués. É chocante, pero é unha realidade, por iso profesores da escola Politécnica e das facultades de Veterinaria e Ciencias idearon un campamento de verán para amosar as posibildades do campus de Lugo e o traballo docente e investigador que nel se fai.

O campamento arrincou onte con preto de setenta estudantes e unha presentación da oferta académica da Universidade de Santiago, con especial fincapé en Lugo, que impartiu Asunción Pérez, da Unidade de Xestión Académica do campus lugués. A continuación, visitaron a biblioteca intercentros e coñeceron os servizos de Microscopía Electrómica, Análise Elemental e Resonancia Magnética do Cactus (Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo). «O que máis atención lles chamou foi o gran equipamento», explicou Mercedes Novo, profesora de Ciencias e coordinadora do campamento. Pola tarde, os rapaces participaron unha xincana polo espazo universitario que foi organizada polo Centro de Linguas Modernas, con preguntas e probas en inglés.

PROXCECTO
65 profesores moi implicados

O I Campus de Verán Científico-Técnico Lugo lévase a cabo grazas ao traballo, totalmente altruista, de 65 profesores da Politécnica, de Veterinaria e de Ciencias. «A experiencia dinos que os rapaces adoitan estar moi perdidos sobre que é o que lles pode gustar, que carreiras hai, como son os planos de estudos... Queremos darlles a oportunidade de entrar en contacto coa ciencia e a técnica dunha maneira directa e pasándoo ben», explica a coordinadora, Mercedes Novo.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios