Uns veciños que non paran

Un momento de la conferencia organizada por la asociación Gatos Roxos, de As Gándaras, sobre cómo actuar ante una situación de emergencia sanitaria. (Foto: EP)
photo_camera Un momento de la conferencia organizada por la asociación Gatos Roxos, de As Gándaras, sobre cómo actuar ante una situación de emergencia sanitaria. (Foto: EP)

hai barrios en Lugo que destacan pola unión dos seus veciños. Un destes é o das Gándaras. Alí, a asociación Gatos Roxos, presidida por Jaime Gueimonde, organiza un gran número de actividades nas que sempre participan moitos residentes da zona. Unha destas últimas actividades foi a excursión que fixeron, o pasado 29 de setembro, a Astorga. Os veciños das Gándaras visitaron monumentos como a catedral , o palacio Gaudí e o Museo do Chocolate, quedando pendentes, por cuestión de tempo, outros. Posteriormente, visitaron unha adega en Villafranca del Bierzo.

Uns días antes, o 19 de setembro, Gatos Roxos organizou, no seu local social, unha charla titulada ‘Como actuar en situacións de urxencia', que foi impartida polos doutores Benjamín Abarca e Carlos Durán, médicos de familia do centro de saúde do Sagrado Corazón.

Os usuarios do centro de día de alzhéimer fixeron un polbo

Os usuarios do Centro de Día de Alzhéimer, xestionado pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Lugo (Afalu), quixeron celebrar as festas do San Froilán realizando un polbo de papel maché nos talleres de laborterapia.

Segunda xornada da peregrinación a Tarragona

A expedición de medio centenar de lucenses que asistirán hoxe e mañá á beatificación do bispo Basulto e do capuchino Berardo de Visantoña, de Santiso (A Coruña) segue coa súa intensa viaxe. O acto central da beatificación será mañá. Hoxe celebraranse unhas vésperas solemnes na catedral. Tamén hoxe continuarán, no auditorio Tarraco Area Praza, as representacións da Paixón de San Fructuoso, a cargo do grupo da asociación cultural de San Fructuoso.

Televisión Española dará o sinal institucional da cerimonia de beatificación, que será retransmitida en directo pola 2 de TVE. Tamén poderá verse por 13 TV e ser seguida en directo na web da beatificación (www.beatificacion2013.com) e na do arcebispado de Tarragona (www.arquebisbattarragona.cat). As vésperas solemnes tamén poderán seguirse en directo por 13TV e polas citadas páxinas web.

Comentarios