Unha vida ensinando mecanización

Manuel García Caderno (Foto: Xesús Ponte)
photo_camera Manuel García Caderno (Foto: Xesús Ponte)

no ano 1967 iniciaba a súa actividade en Lugo a Escola de Peritos Agrícolas, predecesora da actual Escola Politécnica Superior. A primeira sede do centro estivo na Escola Pericial de Comercio na rúa Armando Durán, no edificio que na actualidade acolle os xulgados. No ano 1968, cando a Escola de Peritos se traslada ao seu edificio da avenida de Madrid, inicia a súa actividade docente o profesor Manuel García Caderno, vinculándose xa dende aquela ao ensino de disciplinas relacionadas coa mecanización agraria. Corenta e cinco anos despois o profesor García Caderno segue dando clase de motores, tractores e maquinaria agrícola coa mesma ilusión que o primeiro día. Do mesmo xeito segue a coidar do taller e da maquinaria da Escola Politécnica Superior coa súa habitual pulcritude, formando estudantes no que será o seu último curso académico. Os que tivemos a sorte de aprender e traballar xunto a el, queremos agradecerlle ser tan bo profesor, tan bo compañeiro e tan boa persoa.

Comentarios