lunes. 24.01.2022 |
El tiempo
lunes. 24.01.2022
El tiempo

Unhas camarillas moi ben aleccionadas

La primera promoción 1963-1970, en la clase de Gimnasia (Foto: EP)
La primera promoción 1963-1970, en la clase de Gimnasia (Foto: EP)

Se hai un internado polo que pase medio Lugo (iso si, o medio Lugo masculino), ese é o Eijo Garay. A unha media de 284 internos por curso, a residencia funcionou a pleno rendemento desde a súa fundación, en 1963. é dicir, fai xa medio século.

a vida no Eijo Garay organizábase en camarillas e cada alumno pertencía á súa. Os rapaces durmían en literas, que se acumulaban en tres plantas con 78 camas cada unha. Ou, o que é o mesmo, 78 adolescentes compartindo espazo organizados en camarillas de oito. Algo imposible a ollos de hoxe, pero factible 50, 40 ou, incluso, 30 anos atrás, cando o Eijo Garay acollía a xeracións de mozos, de toda a provincia, que acudían a Lugo para cursar Bacharelato.

O Eijo Garay, hoxe xa albergue, cumpre este ano o seu medio século de existencia, que será celebrado polos antigos colexiais na propia residencia o próximo día 28. Detrás desas paredes e daquelas literas (reconvertidas, despois, en habitacións dobres e triplas), están os recordos e a mocidade de varias xeracións de lucenses que, ano tras ano, aínda se reúnen para compartir as anécdotas daqueles momentos. «Había alumnado interno e medio pensionista e viñan os profesores do Masculino a dar clase en varias aulas, xa que no centro non tiñan espazo. Dábase clase de primeiro, segundo e terceiro de Bacharelato Elemental», recorda Manuel Castro Santamarina, presidente do Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) e antigo residente.

MULLERES. O cambio a residencia mixta

  • A residencia Eijo Garay non foi mixta ata o curso 2003-2004. Por aquel entón, xa só aloxaba a universitarios, que substituíron aos bachareis tan axiña como empezaron a crearse institutos en varias localidades e creouse o colexio universitario. Pasouse, entón, dos 284 internos aos 100.
Xosé Luís Rivas Cruz, 'Mini', antigo educador do colexio menor Eijo Gary
«Era do Fronte de Mocidades porque daquela era o que había»

Naquel Eijo Garay, aínda manexado pola Fronte de Mocidades, ao final do franquismo, estivo como educador, durante apenas dous meses, Mini, Xosé Luís Rivas Cruz, o excantante do grupo Fuxan os Ventos, que acababa de terminar a carreira de Maxisterio.

Consiga AQUÍ a información completa

Unhas camarillas moi ben aleccionadas
comentarios