Unha reacción que causará efecto

Asistentes a la jornada sobre la Sepa, en la Escuela de Empresarios de la CEL (Foto: Pepe Tejero)
photo_camera Asistentes a la jornada sobre la Sepa, en la Escuela de Empresarios de la CEL (Foto: Pepe Tejero)

Vinte e catro titulados universitarios iniciaron onte un ano de contrato en formación, dentro do programa Reacciona, para implantar proxectos de mellora en pequenas e medianas empresas (pemes) de forma que melloren a súa competitividade, segundo indicou a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, que deu onte a benvida aos beneficiarios no Cei-Nodus, nun acto ao que asistiu tamén a concelleira de Economía, Sonia Méndez.

Este plan de especialización, posto en marcha pola Xunta de Galicia a través do Igape, permitirá aos seleccionados traballar durante os próximos doce meses en pemes lucenses. Arias explicou que os mozos recibirán bolsas formativas e traballarán en clusters galegos ou empresas que acrediten solvencia técnica e financeira e un mínimo de facturación en proxectos de consultoría empresarial.

Os bolseiros iniciaron onte un programa formativo que durará ata o 3 de febreiro e que se celebra nas instalacións do Centro de Empresa e Innovación do Concello de Lugo, Cei-Nodus.

Este programa ofrece a 135 titulados universitarios de toda Galicia a oportunidade de formarse en técnicas e ferramentas de xestión dun xeito práctico, mediante a implicación en proxectos reais en pemes e a tutoría de axentes especializados na prestación deste tipo de servizos.

Xornada informativa sobre a Sepa organizada pola CEL

A Escola de Empresarios da CEL volve encherse cunha xornada sobre a Sepa (Single Euro Payments Area), na que participaron máis de 70 persoas. O encontro foi organizado pola CEL e Novagalicia Banco.

Manuel Rodríguez López, responsable da xerencia do servizo de operacións de cobros e pagos de Novagalicia Banco e membro ademais do Observatorio Sepa do Banco de España, foi o encargado de explicar aos asistentes á xornada os pormenores deste novo sistema. A xornada foi inaugurada por Xabier Díaz, en representación da CEL, ademais de por os xefes de zona de Novagalicia Banco Alberto López e Jesús Fernández Vidal.

A Sepa é o espazo harmonizado de pagos en euros que entra en vigor o próximo 1 de febreiro en 33 países (os vinte e oito países membros da UE, así como Islandia, Liechtenstein, Mónaco, Noruega e Suíza). Esta nova área de pagos implicará que todas as operacións realizadas en territorio europeo estean suxeitas a un conxunto de regras e condicións comúns e todas as institucións e organismos públicos, así como todo o tecido de grandes empresas e pemes, autónomos e comercio haberán de estar adaptados a este sistema á data de entrada en vigor.

Curso de iniciación a internet para maiores en In Lugo

O centro In Lugo, dependente da Deputación, comezou onte un curso de iniciación a internet para maiores, que leva por título ‘Atréveste con internet?'.

Nesta actividade formativa, os maiores recibirán diversas nocións achega do uso de internet como as procuras en Google ou o manexo do correo electrónico e das redes sociais.

Comentarios