Unha muller e tres homes gañaron a última edición dos premios de narrativa Ánxel Fole

Chelo Suárez e Martiño Maseda, en galego, e José Manuel Moreno e Miguel Sánchez Carballos, en castelán, foron os gañadores da décimo terceira edición do certame de narración curta Ánxel Fole, convocado polo Concello.

O xurado, composto polos escritores Isidro López Novo e Xosé Otero Canto e o editor Henrique Alvarellos, decidiron outorgar o primeiro premio do certame en galego á obra ‘Recandos', presentada por Chelo Suárez Muíños, da Coruña.

En castelán, o primeiro premio levoullo ‘Ningún ollo humano', de José Manuel Moreno Pérez, de Madrid. Desta obra. o xurado valorou o dominio da linguaxe experimental e a gran tensión narrativa, que manteñen o clímax da obra.

En total, presentáronse 52 obras: 20, en galego, e 32, en castelán. En cada unha das categorías, o primeiro premio é de 1.000 euros e o segundo, de 500.

O xurado destacou a gran calidade das obras, especialmente as escritas en galego.

Comentarios