Unha xuíza obriga a devolver 1,2 millóns en preferentes a un minusválido

A demanda por preferentes máis alta interposta en Lugo e unha das máis elevadas de Galicia xa ten sentenza: a xuíza de primeira instancia Ana Freire acaba de obrigar a Novagalicia Banco a devolver 1.207.000 euros a un minusválido de Lugo que investiu esta cantidade, o 80% dos seus aforros, en 2011; ano que para a xuíza supón un factor de gravidade a engadir, xa que nese momento a entidade estaba xa en quebra e ao bordo do rescate bancario.

Os argumentos do fallo non son substancialmente diferentes doutros xa coñecidos no mesmo sentido: ausencia real de consentimento do contratante xa que a información que lle proporcionou o banco era claramente sesgada e insuficiente, cando non directamente enganosa; investimento absolutamente inapropiado para a vítima, que ata ese momento limitouse a ter o seu diñeiro en fondos fixos ou de baixo risco, e quebra total da confianza entre cliente e banco, que se aproveitou precisamente desta para venderlle un produto que nese momento fora cualificado xa como bono lixo» polas axencias.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios