domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Unha escola superior para o talento

Asistentes al concierto por la celebración de San Antonio Claret (Foto: Alba Castro)
Asistentes al concierto por la celebración de San Antonio Claret (Foto: Alba Castro)

A Ramón Falcón quere deixar atrás a súa imaxe tradicional de centro de artes aplicadas e oficios e facer visible a súa transformación nunha escola superior que ofrece dúas titulacións co mesmo rango que un grao universitario, en Deseño Gráfico e Deseño de Interiores. Onte celebrou ao seu patrón e ensinou músculo.

Di Anxo ViZcaíNo, o exalumno do título superior de Deseño Gráfico que onte recibiu o premio ao mellor expediente de ensinos superiores do pasado curso na Ramón Falcón, que cando acudiu invitado a un curso na Escola Massana de Barcelona ía un pouco intimidado polo renome do centro catalán, pero unha vez alí deuse conta de que non tiña nada que envexar. «Nin en profesorado nin en instalacións», precisa. Anxo terminou a súa formación este mesmo ano e xa está a traballar nunha empresa lucense que o contratou como deseñador gráfico logo de coñecer as creacións que fixera para concursos e espazos de internet. «A miña paixón é debuxar e deseñar, desde pequeno», recoñece.

A escola, que depende da Consellería de Educación, ten este ano 267 alumnos, algo máis que en cursos anteriores porque por primeira vez impártese o cuarto curso das dúas titulacións superiores -Deseño Gráfico e Deseño de Interiores-, sobre as que a directora, Esther Muñoz, non se cansa de recalcar que «teñen o mesmo rango que un grao universitario; pódese optar a unha oposición do grupo A ou facer másteres e doutoramentos», aclara. De feito, a propia escola exponse a medio prazo pór en marcha o seu propio máster.

PREMIADA
«Recomendo isto antes que a facultade»

Shara Martínez Fernández, estudante de Gravado, recibiu onte o premio á Innovación.polo seu proxecto de fin de ciclo, un libro de anatomía artística baseado en manuais académicos interpretados en clave artística. Shara empezou Belas Artes, onde descubriu o gravado e decidiu centrarse nesta técnica. Está encantada coa formación e recomenda este ciclo antes que a universidade. «Na facultade ves moitas cousas por encima e aquí te centras e profundas máis». Con todo, non descarta retomar Belas Artes máis adiante. Agora quere realizar un proxecto de fotografía e pintura cunha amiga.

Consiga AQUÍ a información completa

Unha escola superior para o talento
comentarios