Un paseo dixital pola historia

Los alumnos del taller de digitalización Vrbs Lvcvs. (Foto: EP)
photo_camera Los alumnos del taller de digitalización Vrbs Lvcvs. (Foto: EP)

Un plano da Praza Maior e a casa consistorial, con máis de dous séculos e medio de historia, é o documento máis antigo das 7.300 imaxes que xa dixitalizaron os participantes no taller de emprego Vrbs Lvcvs, organizado polo Concello e que durará ata abril.

Nos tres meses que levan traballando, os 24 alumnos inventariaron, entre outros documentos, 1.680 expedientes de obras particulares do século XIX, o que axudará a comprender e ilustrar o desenvolvemento urbanístico e arquitectónico da cidade.

Tamén dixitalizaron a serie documental de obras municipais dos séculos XVIII e XIX que fan referencia a construcións públicas, como o cuartel de San Fernando, a Praza de Abastos ou o Hospital de Santa María.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios