Un home que fai país

Bautista Besteiro Fernández (Foto: Xesús Ponte)
photo_camera Bautista Besteiro Fernández (Foto: Xesús Ponte)

TISTA Besteiro é un empresario modelo, dos que realmente fan país, con unha longa traxectoria que comeza co seu pai e irmáns na pequena empresa familiar fundada en 1930. Recatelo foi testemuña de cómo se poñen as bases para o desenvolvemento e crecemento na industria da madeira; chegando a crear decenas de postos de traballo. Empresario con visión, dedicación e sabedoría, deses que coñecen o que fan porque pasan moitas horas entre ‘táboas’.

Nos momentos difíciles, cunha crise económica como esta, que en sectores determinados ten una incidencia importante, é cando máis se comproba o nivel dos que dirixen. Por iso acórdome daquela frase de Olof Palme: «Para ser capaces de evitar o fracaso tedes que ter, diante de todo, unha fe indomable no futuro». Esta é a impronta que Tista traspasa para o mañá. Non só cumpre na súa actividade laboral, tamén unha parte importante do seu tempo o dedica á familia; transmitíndolle aos seus netos esa nobre sapienza que posúe, rica en principios e valores.

Os amigos ben sabemos das cualidades que o caracterizan, e dos ratos que pasamos charlando mentres, ás veces, damos conta dunha boa empanada de anguías de Portomarín… Iso sí, entre chiste e chiste con graza, porque é outra arte que domina.

Comentarios