jueves. 20.02.2020 |
El tiempo
jueves. 20.02.2020
El tiempo

Un foro examina a utilidade do galego en distintas áreas

As oportunidades e posibilidades que ofrece a lingua galega para a actividade académica, a ciencia e o emprendemento serán o eixo do programa ‘Proxéctate en galego’, que se desenvolverá entre os días 18 e 20 na Casa do Saber. A iniciativa comprende varios relatorios que tratarán o uso do galego no tempo de lecer, as actitudes lingüísticas da poboación fronte á lingua ou o poder do consumidor para cambiar o mundo á hora de facer a compra. Unha visita guiada á torre fortaleza de San Paio de Narla, con intervencións sobre patrimonio cultural, porá fin ao programa.

A iniciativa, promovida polas comisións de normalización lingüística do campus en colaboración coa Deputación Provincial, foi presentada polo vicerreitor de Coordinación do campus, Pedro García Herradón, e pola integrante da comisión de normalización da Escola Superior Mar Pérez Fra.

Consiga AQUÍ la información completa

Un foro examina a utilidade do galego en distintas áreas
Comentarios