«Non meterse a facer ou que está facendo todo ou mundo». Este é un dos consellos que lle deu onte o empresario chairego Alfredo Vidal Vallejo a decenas de estudantes de FP e bacharelato de catro institutos lucenses que participaron no Politécnico nunha xornada que pretendía inculcarlles o espírito emprendedor.
Alfredo Vidal, cuxa empresa de mecanizados realiza traballos para Zara, Norvento e Ingemarga, entre outros, transmitiulle aos alumnos a súa experiencia persoal desde que fai 35 anos acabou os seus estudos na antiga Mestría de Lugo, hoxe en día Politécnico -centro de FP con 1.003 matriculados-, e estableceuse pola súa conta.
Consiga AQUÍ a información completa |