Un anxo da garda virtual

Alejandro Martín. SEBAS SENANDE
photo_camera Alejandro Martín. SEBAS SENANDE

Ao lucense Alejandro Martín quédalle aínda un curso e algunhas materias máis de Enxeñería Informática para terminar a carreira na Universidade da Coruña, pero hai algún tempo descubriu unha brecha de seguridade nos sistemas de correo dalgunhas empresas e institucións, de dentro e fóra de Galicia, e dedicouse a notificárllelo a todas elas. Comunícalles que os seus correos están "comprometidos". É dicir, que calquera con certos coñecementos -un pouco máis avanzados que os dun simple usuario- pode utilizar as súas contas de correo verdadeiras e enviar mensaxes facéndose pasar por un membro deses colectivos.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios