UXT critica que o Sergas convoque prazas sen que se ofertaron para traslados

A federación de servicos públicos de UXT reclama ao Sergas que paralice a oferta pública de prazas que non foron ofrecidas previamente a traballadores fixos que están a esperar traslado.

A federación que dirixe Eliseo Rivas informou de que, tras o concurso de traslados convocado hai uns meses, varios traballadores quedaron sen poder trasladarse e agora o Sergas busca cubrir varias prazas cunha oferta pública de emprego (Ope).

Doutra banda, UXT detectou que hai persoal fixo que aprobando noutra categoría por promoción interna para poder trasladarse á súa área de residencia, atópase con que o Sergas non saca ningunha praza cando hai varias ocupadas en comisión de servizo. «Isto pon de manifesto que realmente existen vacantes», afirma UXT. Esta situación dáse tamén en varias categorías, entre elas, a de pique de cociña.

O sindicato afirma que, con esta forma de proceder, o Sergas incumpre os acordos adoptados nas mesas de negociación de que non se convoquen prazas que previamente non se ofertasen para traslados e que se porán a disposición destes aquelas ocupadas en comisión de servizo.

Comentarios