Tragsa cobrará 637.000 euros pola folga e Urbaser aínda non facturou nada

O custo pola folga de case dous meses no servizo de limpeza e recollida de lixo xa ten a súa primeira cifra, 637.364 euros, que é o importe que a empresa Tragsa facturoulle ao Concello polos días nos que foi contratada para paliar o incumprimento dos servizos mínimos por parte de Urbaser.

O dato foi achegado onte polo portavoz do goberno e responsable da área de medio ambiente, Luís Álvarez, durante a súa comparecencia a petición propia ante o pleno municipal para explicar a xestión do executivo socialista no conflito que mantivo á cidade sumida entre toneladas de lixo durante 59 días.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios