martes. 19.10.2021 |
El tiempo
martes. 19.10.2021
El tiempo

Stop Desafiuzamentos convoca un ''escrache informativo'' ante a sede do PP

A plataforma Stop Desafiuzamentos Lugo convocou un «escrache informativo» ante a sede do PP, no número 14 da Rúa Poeta Ramón Cabanillas.Será hoxe ás oito da tarde, aínda que non consta que o partido teña convocado ningún acto a esa hora nese lugar.

Se se chega a realizar, será o primeiro escrache a políticos que se fai na provincia, para intentar que estes reconsideren a súa postura respecto de temas cos que moitos cidadáns non están de acordo, como a política de vivenda.

No entanto, hai semanas que na cidade pódense ver carteis animando aos cidadáns a que intenten convencer a algúns políticos de que cambien o seu voto. No mercado municipal de Quiroga Ballesteros hai carteis co seguinte texto: «Queremos que Joaquín García Díez, Olga Iglesias Fontal, Jaime Eduardo de Olano Vela e José Blanco López voten si á dación en pago, ao aluguer social e stop aos desafiuzamentos. Hai vidas en xogo e os deputados non o queren ver. Si se pode, non queren».

Consiga AQUÍ a información completa

Stop Desafiuzamentos convoca un ''escrache informativo'' ante a...
comentarios