martes. 25.01.2022 |
El tiempo
martes. 25.01.2022
El tiempo

Solicitan doce anos a unha parella por golpear a un peón que case arroian

Los acusados, excoltados por dos policías, en la primera sesión del juicio, que cocluirá hoy (Fotos: Pepe Tejero)
Los acusados, excoltados por dos policías, en la primera sesión del juicio, que cocluirá hoy (Fotos: Pepe Tejero)

Unha parella enfróntase a un total de doce anos de prisión tras ser acusados polo fiscal dun delito de lesións por supostamente golpear e acoitelar a un home ao que antes case arroian coa súa furgoneta cando cruzaba un paso de peóns.

Os feitos, xulgados onte nunha primeira sesión que continuará hoxe na Audiencia Provincial a falta dunha testemuña, ocorreron o pasado 10 de xaneiro, sobre as oito menos vinte da noite. Os acusados -R.J.B. e M.E.C.M.- viaxaban nunha furgoneta co seu fillo maior pola rúa Manuel María. Ao chegar a un paso de peóns, o condutor da furgoneta case arroia a un peón que cruzaba e que reaccionou golpeando coa man o vehículo para recriminarlle o ocorrido ao acusado.

INDEMNIZACIÓN
Oito mil euros e a furgoneta

A parella fuxiu e deixou abandonada a furgoneta nunha gasolineira pero, aos once días, entregouse á Policía a pesar de ser advertidos de que poderían ingresar en prisión. O arrepentimento da parella non quedou aí senón que, por iniciativa propia, indemnizou á vítima coa furgoneta e 8.000 euros, reunidos nunha colecta cos seus familiares, o que o peón, pola súa banda, considerou suficiente, indicando no xuízo que renunciaba a máis indemnización. Tamén renunciou á acusación particular. 

Consiga AQUÍ a información completa

Solicitan doce anos a unha parella por golpear a un peón que case...
comentarios