Sete de cada dez lumes xorden en campás, chemineas e enchufes

Sete de cada dez incendios teñen a súa orixe en enchufes múltiples, mantas eléctricas, campás extractoras e chemineas. Así o reflicten os informes de actuación dos parques de bombeiros do Consorcio Provincial: dos 98 lumes atendidos no que vai de ano, 69 foron en vivendas por cortocirtuitos e combustións en devanditos aparellos ou espazos.

As principais causas son, tal e como manteñen os propios profesionais, curtocircuítos provocados polo emprego de mantas eléctricas durante as noites ou de enchufes múltiples con baixa capacidade aos que se conectan varios aparellos, así como pola combustión xerada nas campás extractoras debido a acumulación de graxa nos filtros ou nas chemineas tamén mal limpas.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios