sábado. 19.10.2019 |
El tiempo
sábado. 19.10.2019
El tiempo

''Se os demais non pagan, eu tampouco'', ameaza unha inquilina

Una vecina, con una linterna en una zona común de los edificios. sebas senande
Una vecina, con una linterna en una zona común de los edificios. sebas senande

A situación que se vive nos pisos sociais da Ponte empeora por momentos. A Xunta segue sen responder as queixas de parte dos veciños pola falta de pagamentos da comunidade que acumulan os restantes, o que provocou que a compañía cortase a subministración en dos dos catro portais. A medida tamén impide usar o ascensor.

Ante esta situación, algúns inquilinos exponse todo tipo de medidas, ata deixar de pagar tamén eles a comunidade. «Este mes non vou pagar, e intentarei falar co resto dos que pagan para que tampouco ingresen. Se aos que non pagan non os denuncian, espero que a min tampouco», explicaba onte moi contrariada unha veciña dun dos portais afectados (o 47 e o 49). «Isto xa pasa de castaño escuro, e aquí ninguén fai nada. Teremos que manifestarnos e que os boten», engade.

Consiga AQUÍ a información completa

''Se os demais non pagan, eu tampouco'', ameaza unha inquilina
Comentarios