Sempre nas Gándaras

Manuel Vázquez Arrojo (Foto: Pepe Tejero)
photo_camera Manuel Vázquez Arrojo (Foto: Pepe Tejero)

FALAR do barrio lugués das Gándaras é falar de Don Manuel, o párroco que se adicou por enteiro a este barrio e que pola súa forma de ser, cercana e amable, gañou o respecto e cariño de todos os veciños, especialmente dos máis novos.

Se hoxe temos unha rondalla que enorgullece ao barrio foi grazas a Don Manuel e ó seu empeño. El foi tamén unha peza clave para potenciar a asociación xuvenil da que formei parte moitos anos, e coa que se propiciaron vínculos de amizade que aínda perduran no tempo. A pesares da diferenza de idade foi un referente de ilusión para moitos mozos e mozas, motivándonos e animándonos a argallar sempre novos proxectos que repercutiran en melloras para todos os veciños.

Todos e todas as que colaboramos na organización das actividades aprendemos cal é o valor da amizade, o respecto e a unión. Don Manuel é, sen dúbida, un veciño con quen sempre podemos contar, cun sorriso na cara e boa disposición, e iso é unha sorte.

Comentarios