Premio a unha Bonoloto selada en Lugo

No sorteo do Bonoloto correspondente ao martes 26 de agosto, celebrado en Madrid, non hai acertantes de 1ª Categoría (6) e hai dúas de 2ª (5 + complementario), que validaron os seus boletos en Lugo e en Valladolid, e que cobrarán 72.374,99 euros cada un.

Co bote acumulado un único acertante de primeira categoría podería gañar no próximo sorteo do Bonoloto 500.000 euros.

A combinación gañadora está formada polos números 11, 18, 19, 25, 43 e 49; complementario, o 45; reintegro, o 4.

O boleto de Lugo foi selado na administración de loterías número 6 da cidade, situada na estación de autobuses.

Comentarios