Faise pasar por un empresario e logra estafar 6.000 euros a un banco

Un mozo de 27 anos de idade foi condenado onte a dous anos de cárcere por estafar 6.000 euros a un banco facéndose pasar polo dono dunha empresa de Lugo, na que traballara durante un ano. O acusado intentou enganar a varias sucursais da cidade, ata que o plan deu os seus froitos.

O mozo chamou por teléfono a unha sucursal bancaria sita na Rúa Montevideo -sobre as dez da mañá do 8 de marzo de 2012- e fíxose pasar polo propietario dunha empresa de subministracións de hostalería, na que traballara desde o 1 de setembro de 2009 ata o 31 de agosto de 2010. O acusado falou cun empregado da entidade e díxolle que tiña previsto enviar ao seu encargado para extraer da súa conta un total de 3.000 euros.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios