''Se atopo a filla, morro tranquila''

Historia clínica del parto, con correcciones en los apartados de 'tonos fetales' y 'viabilidad'
photo_camera Historia clínica del parto, con correcciones en los apartados de 'tonos fetales' y 'viabilidad'

Só viu á súa filla unha vez logo de parila. Era morena e de face sonrosada. Ensinoulla a matrona «de malas ganas», di, e nunca máis. Esa nena naceu o 13 de setembro de 1962 no hospital de San José. Non consta nos rexistros nin viva nin morta. A súa nai, 52 anos despois, denuncia a desaparición á Policía e en Fiscalía.

toda unha vida pasouna presa dun pesadelo: coñecer á súa filla. Agora, 52 anos despois, decidiu denunciar o caso ante a Policía e ante Fiscalía co único obxectivo de atopala para, polo menos, «poder ver a súa cariña e morrer tranquila», di.

Esta muller lucense, que agora ten 69 anos, deu a luz con 17 no Hospital de San José. Foi un parto ochomesino que discorreu con normalidade. En canto naceu o bebé, preguntoulle á comadrona se era neno ou nena e pediulle que llo ensinase. Era nena ou, polo menos, iso foi o que lle dixeron. Viu a súa cara pero sería a primeira e última vez. A súa imaxe quedaría gravada para sempre na súa memoria: «Era morena, tinga ou pelo negro, e a cara rosada».

Caridad -nome ficticio- deu a luz o 13 de setembro de 1962, ás seis da tarde. O parto foi normal e a nena non tiña aparencia de nacer enferma. Con todo, en canto deu a luz, notou que a comadrona -xa falecida- puña reparos en ensinarlla. Aínda descoñecería o que sucedería despois.

«Naceu e non ma querían ensinar. A comadrona díxome, de malos modos, que era unha nena, e marchaba con ela, cubríndoa cunha toalla. Eu pedíalle que ma ensinase e, ao ver que non me facía caso, empecei a chorar como unha tola e collina por un brazo. Díxome: «Non lle tes nada que ver» pero, despois de forcexear con ela, púidena ver. Era morena, de pelo negro, e tinga a cara sonrosada. A nena estaba perfecta, pero a matrona marchou con ela rapidamente. Foi a única vez que a vin», relata.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios