Rouban todo o despezamento de dous porcos recentemente sacrificados en Lugo

Persoas descoñecidas roubaron na madrugada do sábado todas as pezas produto da matanza de dous porcos, no barrio de Galegos, en Lugo.

O roubo, segundo a denuncia do dono, produciuse entre as doce da noite do venres e as nove da mañá do sábado. Persoas descoñecidas romperon a porta de acceso a un local, contiguo á casa dos denunciantes, e levaron o despezamento de dous porcos de 144 e 150 quilos, que se atopaban en proceso de curado. Tamén roubaron todos os chourizos e morcillas.

A brigada de policía científica fixo unha inspección, a fin de identificar aos autores. Segundo relata este martes a Policía, "non foi valorado o importe do subtraído, pero se supón importante, xa que ademais hai que sumar o traballo de todo un ano dedicado á crianza dos animais".

Comentarios