Realizan probas de ADN nun roubo de chocolatinas e 8 latas de refresco

Ás veces cústalle pero, para ben e para mal, cando o sistema se pon en movemento é imparable. Aínda que iso supoña moitas veces matar moscas a canonazos. Este pode ser o caso dun xuízo que se iniciou onte en Lugo, no que dous homes están acusados de roubar oito latas de Coca-Cola e unha caixa de chocolatinas.

Con todo, non por ser un delito de pouca sonada escatimáronse esforzos: a principal proba policial achegada pola acusación é unha análise de ADN. A condena á que se arriscan tampouco é menor: ano e medio de prisión para cada un por un suposto delito de roubo con forza nas cousas. Todo por un botín valorado en 13,55 euros.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios