Raquel Arias sitúa a Lugo como ''unha referencia'' galega na produción ecolóxica

La visita de las autoridades (Foto: ERNESTO)
photo_camera La visita de las autoridades (Foto: ERNESTO)

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, considerou este sábado que a provincia representa "unha referencia da produción ecolóxica" dentro de Galicia, onde achega o 45 por cento da superficie dedicada a este sector.

A representante do Goberno galego fixo estas declaracións durante a visita á feira Ecolugo, que este sábado reúne na praza de abastos de Lugo postos de produción ecolóxica procedentes de distintos puntos da comunidade galega.

Arias referiuse ao "pulo" deste sector, que o pasado ano facturou preto de 26 millóns de euros. A delegada engadiu que "neste crecemento teñen un papel clave as exportacións, que supoñen a apertura de novas oportunidades de negocio, xa que os produtos ecolóxicos de Galicia teñen cada vez máis aceptación nos mercados estranxeiros". Tamén louvou o "incremento da profesionalización desta actividade", a través do ascenso da cifra de operadores e da superficie rexistrada.

Ecolugo, que cumple este ano a súa cuarta edición, congrega a 16 postos de produción ecolóxica que van dende os xeados e as verduras ata as conservas e derivados cárnicos. Os produtores participantes na feira son: Biofactory, Caurelor, Terra de Baroncelli, Pecado de outono, Semilleiros Penateixa, Celtaverde, Pan do mar, Milhulloa, Herbas de Caaveiro, Casa grande de Xanceda, Arqueixal, Panadería O Agro, Galletas Mariñeiras, Ganadería Casa Ánxel, Ecofunghi e Teixeiro Lemos.

Arias estivo acompañada polo presidente de Craega (consello regulador da agricultura ecolóxica de Galicia), José Antonio Fernández; a vicepresidenta, Rocío Freire, e polo secretario do mesmo organismo, Javier Fernández Lozano, además del teniente de alcalde de Lugo Luis Álvarez.

Comentarios