Que foi antes, a galiña ou o zombi?

Zombis por las calles lucenses. aep
photo_camera Zombis por las calles lucenses. aep

á serie estadounidense de culto ‘The Walking dead' están a xurdirlle as súas secuelas lucenses. Os mortos viventes parece que volven estar de moda para o audiovisual. Ademais, este xénero sempre tivo a súa parcela de adeptos entre o gran público. ¡Quen diría que eses despellejados e desharrapados poden atraer a alguén! A min acollóame máis a cultura tradicional galega da Santa Compaña.

O que queira participar como extra nunha comedia de zombis ten unha inmellorable ocasión o vindeiro sábado. A cita é ás tres da tarde no aeródromo de Rozas, onde se rodará unha escena da nova comedia ‘Galiñas asasinas', probablemente baixo a choiva.

Os únicos requisitos para poder ter un minuto de gloria nesta gravación son ser maior de idade e levar un par de botas e roupa que se poida romper e ensuciar. A caracterización correrá a cargo do equipo técnico da película.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios