PSOE e PP pechan por escrito un novo pacto de investimentos en Lugo

La revisión del Pepri del casco viejo es uno de los puntos del pacto (Foto: M. VÁZQUEZ / AEP)
photo_camera La revisión del Pepri del casco viejo es uno de los puntos del pacto (Foto: M. VÁZQUEZ / AEP)

O PSOE, que goberna en minoría o municipio de Lugo, e o PP, grupo maioritario na corporación, pecharon este venres as negociacións para asinar un segundo pacto para investir os remanentes de tesourería dos exercicios anteriores. As dúas formacións deron tal relevancia ao pacto que figura nunha acta asinada polo alcalde, o socialista José López Orozco, e o portavoz popular, Jaime Castiñeira.

O acordo será levado ao pleno ordinario que celebra este luns a corporación municipal.

O documento reúne 181 actuacións, incluíndo tanto as xa aprobadas na sesión plenaria de maio como as que irán á do luns e que, tendo en conta que as dúas formacións suman 23 dos 25 edís, serán seguramente aprobadas.

Ademais de investimentos concretos, figuran algunhas propostas máis xenéricas, como completar os traballos do PXOM pendentes ou revisar o Pepri da zona vella ou crear unha zona de baño pública no municipio. Estas tres actuacións, segundo Jaime Castiñeira, son proposta do PP. O portavoz popular recalcou que "o PP non chegou a un acordo con Orozco, chegou a un acordo cos lucenses".

Comentarios