'Peiteado' a fondo en San Marcos

El responsable de protocolo de la Diputación observa la actuación policial dentro del edificio. Foto: SEBAS SENANDE
photo_camera El responsable de protocolo de la Diputación observa la actuación policial dentro del edificio. Foto: SEBAS SENANDE

A operación de rexistro ordenada pola xuíza Pilar de Lara mantivo en albas durante todo o día aos funcionarios e visitantes da sede da Deputación, pero tamén aos cidadáns que pasaban por diante do Pazo de San Marcos e que se atopaban a unha ducia de cámaras de televisión e fotógrafos de prensa enfocando cara á porta de entrada. O despregamento na rúa debíase a que a xuíza ordenara aos axentes que a acompañaron que se impedise durante o rexistro o acceso ao edificio dos medios de comunicación, que só puideron asistir á rolda de prensa da xunta de goberno, o que provocou un comunicado de protesta do Colexio de Xornalistas.

Pero mentres os xornalistas esperaban na rúa, no interior do palacio provincial desenvolvíase un [...]

Feijóo quere que «se aclaren» as dúbidas en Ourense e Lugo
O presidente galego cre que «procede» que dean explicacións a anterior cúpula do PP ourensán e a actual do PSOE lucense

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu onte que o que «procede», ante as investigacións impulsadas pola xuíza Pilar de Lara en relación ao financiamento do PP de Ourense e na Deputación de Lugo, é que o «anterior equipo» dos populares ourensáns e os «actuais» responsables do PSOE de Lugo «aclaren» as dúbidas que poida ter a Xustiza sobre as súas actuacións.

Díxoo un día logo de [...]

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios