Patricia López: ''Hai pouca información sobre lactancia e fertilidade''

Patricia López (Foto: Xesús Ponte)
photo_camera Patricia López (Foto: Xesús Ponte)

Patricia López é a presidenta de Bico de Leite, que organiza reunións para resolver dúbidas de nais

Cal é a finalidade destas xuntanzas?

Todos os meses celebramos unha reunión informativa para resolver dúbidas. É aberta a todos os interesados, tanto nais como pais, non só aos membros de Bico de Leite, que somos máis de 40.

Que temas abordan nestas reunións?

Moitas nais teñen dúbidas por exemplo sobre como pode influir a lactancia na fertilidade, se se pode quedar embarazada mentras dá o peito. Hai moito descoñecemento en xeral. Hai moitos mitos. O que se pode dicir é que o aleitamento materno é un bo anticonceptivo durante os primeiros seis meses sempre que a nai non teña mestruación e só se dea lactancia materna.

Que outras dúbidas lle poden xurdir as nais que dean o peito?

O seguinte paso é a lactancia durante o embarazo. Moitas nais non saben se son compatibles ou se teñen que destetar. Todo iso é posible. Existen experiencias que se van contando nestas xuntanzas temáticas. Hai nais que prolongan a lactancia e poden atoparse dando o peito a dous fillos con diferentes idades, un recén nado e outro máis maior. Esta é a chamada lactancia en tándem.

Comentarios