''Para ser un bo profesor a paciencia é a clave''

Enrique Alonso, xerente da autoescola O Carro, que formará a monitores de condución 

A autoescola, que abre agora, especializarase en formar a monitores de condicción...

Si. Empezaremos o curso proximamente. O prazo para apuntarse ás probas da DXT acaba sobre o 13.

¿En que consisten os exames?

A primeira proba é teórica e eliminatoria, de forma que só os que aproben poden pasar á seguinte, que é unha proba de condución. Os alumnos que estean en posesión do permiso C, o de camión, non a necesitan. O resto, si, pero poden facela co seu propio vehículo. Despois empeza a fase que chamamos de correspondencia, na que hai exames de primeiros auxilios, mecánica, seguridade ao automóbil, sinalización, manexo de vehículos pesados e psicoloxía e pedagoxía da condución. Finalmente, débese acudir a unha escola para as prácticas con vehículo. A máis próxima está en Santiago.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios