lunes. 25.10.2021 |
El tiempo
lunes. 25.10.2021
El tiempo

Orozco tacha de ''coña mariñeira'' a afirmación de que repite porque Besteiro non se atreve

Gómez Besteiro y López Orozco, saliendo del pleno del Ayuntamiento de Lugo el pasado 1 de septiembre (Foto: PEPE TEJERO)
Gómez Besteiro y López Orozco, saliendo del pleno del Ayuntamiento de Lugo el pasado 1 de septiembre (Foto: PEPE TEJERO)

O alcalde de Lugo, José López Orozco, permitiuse este martes ser "incorrecto" e cualificou como "unha coña mariñeira" a afirmación que o luns fixo o portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, quen dixo que a súa candidatura ás próximas municipais é unha "artimaña", consecuencia dun pacto co secretario xeral do PSdeG, o concelleiro lucense José Ramón Gómez Besteiro.

"Permítanme que sexa incorrecto, pero iso é unha coña mariñeira. Deben ter ben pouco que facer se din unha bobada así", dixo o alcalde en rolda de prensa.

"Dicindo bobadas así", os membros do Partido Popular "están a retratarse", engadiu o rexedor, referíndose a unhas afirmacións nas que Castiñeira sostivo que Gómez Besteiro "non se atreveu a encabezar a lista".

BESTEIRO: OROZCO "ESTÁ CASADO CON LUGO"

Tamén se referiu a esta quinta candidatura á alcaldía o propio José Ramón Gómez Besteiro, quen negou que chegase a barallar a posibilidade de presentarse a alcalde. Gómez Besteiro, presidente da Deputación de Lugo, expresou o seu total apoio a José López Orozco, de quen dixo que está "casado" con esta cidade. "Creo que poucos políticos en Galicia poden presumir da súa traxectoria", engadiu.

López Orozco, engadiu Gómez Besteiro, "puido ser o que quixo, e dígoo con coñecemento, neste partido, pero só quixo ser alcalde de Lugo, que non é pouco, porque para el é unha prioridade".

O líder socialista apuntou que "o único compromiso" de López Orozco é "con esta cidade". "Iso diferénciao doutros candidatos, porque non se sabe moi ben a que se está, porque non se sabe se está a defender á súa cidade, á Xunta ou ao Estado", dixo en referencia ao portavoz do PP, Jaime Castiñeira, candidato a alcalde en 2011 e deputado autonómico.

Orozco tacha de ''coña mariñeira'' a afirmación de que repite...
comentarios