Orozco anuncia un control rigoroso do ruído do feiral

El Saltamontes fue reubicado en la explanada del Pabellón. (Foto: Pepe Tejero)
photo_camera El Saltamontes fue reubicado en la explanada del Pabellón. (Foto: Pepe Tejero)

O Concello quere despexar dúbidas sobre o grao de cumprimento do auto xudicial que, a petición dun grupo de veciños, ordenou o control do ruído no recinto feiral do San Froilán e por iso o alcalde publica hoxe un bando no que anuncia que se cumprirán «rigorosamente» as medidas cautelares impostas e que incluso haberá outras a maiores por iniciativa propia do Concello.

O rexedor resume no seu escrito a demanda presentada en 2012 por 18 residentes da contorna do Parque, que desembocou na imposición por parte do Xulgado do Contencioso número 1 de Lugo de medidas cautelares para «paliar as molestias causadas pola celebración dás festas do San Froilán», di o bando, as cales seguirán vixentes nesta edición das patronais. Por iso, José López Orozco recorda que se rebaixarán ata os 45 decibeis que prevé a ordenanza de contaminación acústica o ruído máximo no feiral a partir das dez da noite, con excepción dos días 4, 5, 11 e 12 de outubro, cando se prolongará o horario ata as 0.00 horas.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios