Orozco advirte ao Sergas de que aforraría coa radioterapia en Lugo

O alcalde de Lugo, José López Orozco, opina que ao Sergas sairíalle "máis barato" dar no HULA os tratamentos de radioterapia que un milleiro de lucenses reciben cada ano no hospital oncolóxico da Coruña, ademais de evitar os longos desprazamentos que teñen que realizar os enfermos de cancro desta provincia.

"Se desen os tratamentos todos que se fan ao longo do ano nesta cidade -no HULA-, sairía máis barato que desprazar aos enfermos A Coruña", dixo o alcalde, polo que "se se trata de aforrar, que se produza ese aforro, que tamén favorece aos lucenses".

En canto á campaña iniciada pola plataforma que defende a implantación dos servizos pendentes no HULA coas chamadas "rutas do cancro", que inaugurou o pasado venres o presidente da Deputación de Lugo e secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, o alcalde asinou que os lucenses "fan ben, fan moi ben, en esixir os seus dereitos".

Desde o seu punto de vista, os lucenses "son cidadáns como os doutras provincias galegas", onde xa funcionan eses servizos médicos.

Comentarios