Oportunidades moi traballadas

Carlos Toledano.
photo_camera Carlos Toledano.

Catro dos 21 premios extraordinarios de FP de grao superior que concedeu a Xunta de Galicia a alumnos que terminaron o ano pasado quedáronse en centros da capital lucense. Ningún dos catro galardoados durmiuse nos loureiros e a noticia pillounos ao choio, intentando saír adiante por distintas vías: o autoemprego, as prácticas internacionais ou a contratación por conta allea. Para tres deles, ademais, o ciclo supuxo un cambio considerable na súa traxectoria profesional, movidos pola falta de saídas laborais ou polas ganas de cambiar de sector.

O monterrosino Carlos Varela Sánchez ten claro que os 850 euros do premio contribuirán a sufragar os gastos de creación da empresa que monta xunto con outros dous compañeiros da súa promoción. Están coas últimas xestións para pór en marcha Gescener, unha firma especializada en xestión e certificación enerxética que bota a andar nos viveiros do Cei Nodus e que estará operativa desde a próxima semana. A situación non é fácil, pero estes emprendedores viron unha posibilidade laboral nas novas normas enerxéticas, que esixen que todos os edificios, locais ou vivendas en venda ou aluguer teñan un certificado de eficiencia enerxética desde o mes próximo. Nun prazo de sete anos, ademais, todas as construcións novas deben ter un consumo de enerxía case nulo.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios