''Ofrecemos un café moi bo, como sempre fixemos''

Ricardo Gómez Gómez, xerente da cafetería Os Colexios, sita na sé dos colexios oficiais médico e veterinario

Levan xa un mes ao fronte da cafetería dos colexios de Médicos e Veterinarios. Como lles vai?

Ben, démoslle unha boa reforma, temos unha terraza preciosa que esperamos sacarlle moito partido cando veña o verán e ofrecemos un café moi bo, como sempre fixemos nos outros locais de hostelería onde estivemos.

Onde estiveron?

Levamos vinte anos a cafetería do mirador do parque Rosalía de Castro e tamén estivemos oito no bar Celta.

Toda unha vida logo.

Pódese dicir que si.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios