O PP denuncia que non se descontase a folga de lixo de Lugo do recibo once meses despois

O edil popular Juan Carlos Plaza critica a "falta de vontade" e o "desinterese" do Goberno local

O grupo municipal do PP lamentou que o goberno local de Lugo  non sexa capaz aínda de descontar do recibo que pagan os cidadáns os 59 días nos que o servizo de limpeza na cidade estivo inactivo, como consecuencia da folga dos traballadores da empresa concesionaria.


En declaracións aos medios de comunicación, o edil Juan Carlos Plaza, criticou que o goberno que preside o socialista José López Orozco non fose capaz de aplicar ese desconto "once meses" despois da folga, algo que achaca á súa "falta de vontade" e ao seu "desinterese".

Con todo o goberno local argumenta que ese desconto non puido aplicarse porque o Concello de Lugo  detectou erros nas facturas remitidas por Urbaser durante os días de folga e aínda está á espera de que lle devolva os recibos correspondentes a ese período, cos fallos emendados, para aplicar o desconto aos cidadáns.

Para o edil popular, o único evidente é que "pasaron os meses" e tanto o alcalde como o portavoz do goberno local estiveron "a enredar" con "escusa tras escusa". 

Comentarios