''O día un celebraremos unha cea veciñal''

ADE2108P129F1.JPG
photo_camera ADE2108P129F1.JPG

¿Que actos se celebrarán durante as festas?

O mercores 31 teremos misa solemne e procesión na honra a San Ramón ás 13.30 horas e pola noite verbena coa orquestra Poceiro. Ao día seguinte celebraremos unha cea veciñal ofrecida por Carpas Pallín a base de empanada e churrasco. Este día a verbena estará amenizada pola orquestra Acordes. Estamos pendentes do tempo para celebrar algunha actividade máis pola tarde.

¿A esta cea pode apuntarse quen queira?

En principio está pensada para os veciños e algún amigo. Déronse 100 invitacións gratuitas para os veciños e xa están apuntadas máis de 150 persoas. A intención é que sexa unha reunión veciñal entre os pobos da parroquia de Coeo, San Vicente, A Ponte, Marcé, Quintela e Corvelle.

¿Levan moito tempo organizando os festexos?

Levamos un ano. O 22 de xaneiro organizamos a festa de San Vicente que facía 43 anos que non se celebraba. Consistiu nunha comida veciñal e festa pola tarde e tivo gran aceptación por parte dos veciños, reunímonos 240 persoas. A verdade é que non tivemos ningún problema, quero agradecerlle a colaboración a todos os veciños e patrocinadores.

Comentarios