''Dirixímonos a profesionais e a particulares''

Jorge Arias Penín, propietario da tenda de pinturas Kolor e ., que acaba de abrir na rúa Rafael de Vega, 4

Abriron a tenda esta mesma semana, ¿cal é a súa orientación no mercado?

Estamos orientados tanto ao profesional como ao particular. Temos varias marcas de calidade en pinturas plásticas, vernices, papel pintado e parqué. Tamén dispomos de ferramentas, tanto para o profesional do sector como para o cliente ao que lle gusta a bricolaxe.

¿Ofrecen asesoramento aos particulares?

Si, por suposto. Se queren, dámoslles consello sobre o tipo de produto máis adecuado, a combinación de cores e elementos, ou o que necesiten. A nosa lema é tratar ben ao cliente e facer a venda de moitos días e non dun só.

Consiga AQUÍ a información completa

Más en Lugo Ciudad
comentarios