Música para gozar o Aninovo

Tradescola (Foto: SEBAS SENANDE)
A Tradescola achega sons e bailes galegos aos máis novos

A TRADESCOLA agrupa no seu seo a unha morea de rapaces que a través do xogo e da interacción cos maiores gozan dunha proposta educativa estructurada que ten como obxectivo achegar aos máis novos unha formación integral na música e no baile tradicional.

Mamen Vidal ten 12 anos e desde «hai tres ou catro», explica, forma parte deste proxecto xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos. Apuntouse ás clases que se desenvolven semanalmente na residencia Lugh II, na rúa Pintor Corredoira, porque lle gusta «tocar a pandeireta, cantar e bailar». Un día á semana adícao a baile e toque, e outro a linguaxe musical, materias que segundo comenta «sérvenme para o colexio».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios