A música de Piti Sanz abre fronteiras con encargas de Calparsoro e Arévalo

Piti Sanz, nun concerto nas rúas da Milagrosa. XESÚS PONTE (AEP)
photo_camera Piti Sanz, nun concerto nas rúas da Milagrosa. XESÚS PONTE (AEP)

A historia empeza con Piti Sanz, un músico de Lugo -residente en Santiago e sen traballo- que marcha visitar un amigo de Lugo -residente en Santiago e con traballo-, o actor Luis Tosar. O encontro é lonxe, na recepción dun hotel de Bos Aires, onde Tosar roda Cen anos de perdón. Empezan a celebrar o abrazo transoceánico alí mesmo e descobren dúas fontes de inspiración: unha recepcionista guapa e unha guitarra.

Piti Sanz empeza a tocar. Improvisa unha canción para a empregada do hotel. Cerca deles está o actor Raúl Arévalo, que, conmovido, pide un tema para a súa moza. O músico atende ao rogo.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios