Multados nunha noite 10 pubs por exceder horario e en tres meses, 12

Rúa Clérigos, donde fueron denunciados dos locales. (Foto: Pepe Tejero)
photo_camera Rúa Clérigos, donde fueron denunciados dos locales. (Foto: Pepe Tejero)

A Policía Local estableceu un dispositivo especial para o control de horarios de peche de locais de lecer na noite do sábado ao domingo e o resultado foron dez establecementos denunciados. Foron case tantos expedientes como os que a Xunta -que é a administración que as tramita- recibiu nos tres primeiros meses do ano. Segundo os datos achegados polo Goberno autonómico, desde o 1 de xaneiro ata principios de abril recibiu 12 denuncias, que derivaron en sete establecementos sancionados. Todas as propostas de multa chegan a través da Policía Local e a Policía Nacional, segundo explicou a Xunta.

Xeralmente, as forzas de seguridade actúan en resposta a queixas veciñais ou cando unha patrulla de garda observa que un local está aberto fóra de horario, polo que o número de establecementos denunciados adoita ser menor que cando leva a cabo un dispositivo especial, como o do pasado fin de semana, explicou a Policía Local.

REINCIDENTES. Un local foi denunciado 22 veces e outro, 13

  • A Xunta tramitou o ano pasado 63 denuncias a locais de lecer nocturno na cidade de Lugo por incumprimento do horario de peche, aínda que só en 19 casos concluíron en expediente sancionador.
ALCOHOLEMIAS
Os axentes fixeron o test a 97 condutores o fin de semana e 10 deron positivo

A Policía Local realizou durante este fin de semana controis de alcoholemia a 97 conductores e dez deles deron positivo. Ademais, en cinco casos, os vehículos foron inmobilizados. 

 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios