Morre repentinamente aos 53 anos o lucense Antonio Feás Vázquez

Este asesor fiscal e grande afeccionado ao baloncesto era fillo do exsubdelegado de Facenda do mesmo nome

Unha profunda consternación causou este luns a noticia do repentino falecemento do asesor fiscal Antonio Feás Vázquez, unha persoa moi vinculada ao mundo do baloncesto. De feito faleceu dun infarto mentres practicaba este deporte.

Antonio Feás, que tiña 53 anos de idade, foi unha das grandes promesas do baloncesto lucense. Brillou nas categorías inferiores tanto do Breogán como do Estudantes, aínda que sempre antepuxo os seus deberes académicos, e despois profesionais ás aspiracións deportivas. Na actualidade era un entusiasta seguidor do CB Breogán e era habitual velo nas bancadas do Pazo coa súa muller e filla.

O seu amor polo baloncesto herdouno do seu pai, Antonio Feás Esteban, exresponsable de Facenda e que foi un dos pioneiros, como xogador, do baloncesto lucense e que máis tarde consolidou este deporte en Lugo como presidente da Federación Lucense de Baloncesto.

Comentarios