Motorocasión pecha cun volume de negocio de 1,7 millóns de euros

A feira do vehículo usado Motorocasión, que se celebrou durante esta fin de semana en Lugo, pechou onte as súas portas cun volume de negocio próximo aos 1,7 millóns de euros, segundo as cifras facilitadas pola propia organización.

Os organizadores mostraron ademais a súa satisfacción polas cifras de visitantes á feira, 8.500, que se unen aos 24.000 que estiveron na celebrada unha semana antes, Salonauto. Sumando as cifras de negocio de ambas citas, o sector da venda de automóbiles moveu nestes días unha cifra próxima aos 8 millóns de euros.

Dado o éxito cultivado polos organizadores en ambos os certames feirais ao redor do mundo do motor, desde Eventos do Motor estúdase e valora xa que en marzo de 2012 Lugo volva contar coa terceira edición de Salonauto e Motorocasión, dous certames que se están consolidando na cidade.

Comentarios