Montirón na alma, a alma de Montirón

Elena Gil Varela (Foto: Pepe Álvez)
photo_camera Elena Gil Varela (Foto: Pepe Álvez)

recordo a Elena desde sempre. Ela e o seu marido Emilio foron uns dos pioneiros de Montirón, onde rexentaron a tenda de ultramarinos do barrio durante máis de cinco décadas. Tras enviuvar, Elena continuou co negocio e ata tivo o arroxo para sacar o carné de conducir xa cumpridos os 65 anos -resultan inesquecibles as súas imaxes conducindo un Peugeot 205 cargado de mercancía polas rúas de Montirón; iso si, a non máis de 20 km/h- ata que se xubilou hai pouco tempo «pola saúde», como salienta.

Consecuentemente, na miña memoria sempre está Elena; de neno, cando ía comprarlle chucherías, a recibir bicos no seu cálido colo, a ver a tele no único aparello que había no barrio; de mozo, cando vía pasar tranquilamente a vida xunto aos amigos diante da súa tenda, estratexicamente situada nos soportais de abaixo; agora, cando razoamos de política -unha das súas paixóns-. Elena, a eterna tendera do barrio, que vive agora dedicada aos seus fillos e netos, representa a alma de Montirón e leva Montirón na súa propia alma.

Comentarios